Quen é ECOLUGO

ECOLUGO está formada por tres empresas galegas, que participan no desenvolvemento de sectores claves na economía galega e española, contribuíndo ó progreso económico e social.

O Grupo empresarial galego COPASA conta con grande experiencia en obras e prestación de servizos urbanos e medioambientais: xestión integral no ciclo da auga, recollida de residuos, limpeza urbana e conservación de zoas verdes, transporte intermodal de residuos , etc., sendo na actualidade unha referencia nacional e internacional en actividades de construción e servizos.

GESECO é unha empresa de servizos pertencente ó grupo COPASA que desenrola a súa actividade nos campos do mantemento de infraestruturas e do medio ambiente coa mais alta especialización e experiencia na recollida de residuos e limpeza urbana, así como, tamén na conservación integral de infraestruturas: estradas, vías férreas e fluviais, conservación e mantemento de montes, xardíns e zonas verdes; xestión integral de augas; explotación de plantas de tratamento de residuos.

SETEC pertence o grupo galego VALTALIA que se converteu nun referente nacional na prestación eficiente de servizos urbanos e medioambientais, xestión e tratamento de residuos e mantemento de infraestruturas e instalacións, evolucionando nunha compañía global orientada a sostibilidade cuxos principios se fundamentan na economía circular. O grupo conta con referencias na loxística e clasificación de residuos, tanto urbanos como industriais, tratamento e valorización material e enerxética dos residuos e a eliminación en depósito controlado.

Esta unión 100% galega permite dispoñer dunha estrutura de apoio moi robusta, cun gran coñecemento do ámbito no que se desenvolve o contrato, non só na xestión de servizos similares senón tamén no que abrangue toda a cadea de valor da xestión medioambiental.

O contrato entre ECOLUGO e o CONCELLO DE LUGO asinouse o 21 de Xuño de 2022 por un importe total de 117.945.250,47 euros IVE engadido e un prazo de duración de 10 anos a contar dende o 01 de agosto de 2022.

O obxecto global e o ámbito funcional do contrato é a prestación dos servicios de:

  • Prerrecollida de residuos incluíndo a contenerización, lavado de contedores e ubicación e mantemento preventivo e correctivo das unidades en superficie así como da contenerización soterrada
  • Servizo de recollida e transporte dos residuos domésticos, procedentes de vivendas, edificios, establecementos comerciais, industrias, oficinas, centros públicos e servizos profesionais.
  • Vixilancia e xestión do punto limpo municipal.
  • Recollida da fracción orgánica que se realizará mediante dúas experiencias progresivas diferentes, compostaxe (individual e colectiva) e contedores na rúa.
  • Recollida selectiva de envases lixeiros, papel-cartón, incluíndo recollida específica porta a porta.
  • Servizo limpeza urbana.
Scroll ao inicio