Compostaxe
A xestión dos residuos é un dos retos aos que se enfronta a nosa sociedade. Cada día, como consecuencia do noso modo de vida e das pautas de consumo, producimos unha maior cantidade de residuos, polo tanto, a aplicación de solucións e tratamentos axeitados e sostibles co medio ambiente dificúltase enormemente.
Cada un de nós xera aproximadamente 1,1 kg de residuos ao día, dos cales entre o 40-50% está constituído por biorresiduos que se poden reciclar para obter compost, un abono natural e de calidade, con excelentes propiedades para o solo.
A compostaxe é unha acción de prevención de residuos de grande valor ambiental, xa que ofrece unha xestión da materia orgánica en orixe, reducindo así a cantidade de residuos que deben recollerse, transportarse e xestionarse en instalacións de tratamento co conseguinte aforro económico que supón.
Requisitos para poder compostar
Antes de colocar o nosos composto debemos buscar un lugar que reúna os seguintes requisitos:
- Un espazo axeitado na horta ou xardín.
- Un composteiro no que depositar os restos orgánicos.
- Restos de cociña restos de froitas, verduras, etc.).
- Restos do xardín e da horta (restos de poda, follas secas, céspede, etc.) .
- Un aireador (pincho, pa, etc.) para remover o compost.
- Unha pa para extraer o compost maduro.
- Auga para humedecer (se é preciso).
O composteiro permite manter as condicións adecuadas de temperatura e humidade para a elaboración de compost, acelerando o proceso e evitando a entrada de pequenos animais que poidan alterar e contaminar o produto.
Cómo se composta
O primeiro é procurar un espazo axeitado para colocar o composteiro:
- Sempre en contacto directo co solo, para que os organismos descompoñedores teñan un fácil acceso ao interior do recipiente. Nunca sobre asfalto, cemento ou outro pavimento. Débese colocar unha base de ramas ou follas secas dun grosor de entre 10 e 15 cm., de maneira que facilitemos a circulación de aire dentro do composteiro e evitemos a compactación dos materiais recentemente introducidos. Recoméndase colocar unha malla metálica na base do composteiro para evitar a entrada de roedores.
- Nunha zona sombreada, ao abrigo do vento e protexida de cambios bruscos de temperatura e de humidade. É aconsellable baixo as ramas dunha árbore de folla caduca para que estea protexido do sol en verán e reciba a incidencia dos raios de inverno.
- De fácil acceso e próximo a vivenda, por comodidade, e con suficiente espazo dispoñible para as tarefas a realizar.
- Unha vez situado no lugar adecuado, pódese comezar a depositar no recipiente os restos orgánicos o máis desmiuzados posible para favorecer a súa descomposición
Que residuos emprego para compostar
Para obter un bo compost precísanse restos orgánicos o máis variados posible., tales coma os restos de cociña:
- Restos de froitas e verduras, iogur, zumes, pousos de café e restos de infusións (sen grampas!),
- Osos de froitas, cascas de ovos, cascas de froitos secos, pan, pasta, panos e papel da cocina, cinzas e serrín de madeira non tratada, pelo e uñas, la e fío natural, tapóns de cortiza, restos de ceras e derivados,
- Restos de carne e peixe (os osos e as espiñas tardan en descompoñerse),
Restos de xardín e horta:
- Restos de poda, follas, flores, palla, céspede, material de xardín ou horta (sen pesticidas ou fito sanitarios),
- Esterco de animais de granxa ou curral (coellos, g aliñas, cabalo, etc.).
- Aceites vexetais e minerais.
- Excrementos humanos ou de animais domésticos carnívoros (cans, patos, etc.).
- Materiais inorgánicos (metal, vidro, cabichas, plásticos, etc.).
- Papeis satinados ou con tintas de cor.
Pola contra debemos coidar o seguinte:
- Restos de carne e peixe: podemos compostalos en pequenas cantidades mesturándoos con materiais secos, xa que, en caso contrario poden atraer insectos e producir malos cheiros.
- Ósos , espinas e restos de marisco tardan máis tempo en descompoñerse.
- Cartón ondulado e o da caixa dos ovos: debemos cortalo en anacos antes de depositalo.
- Peles de cítricos en exceso crean acidez
- As cascas de froitos secos, é mellor queimalos na cheminea e depositar as cinzas no composteiro.
Condicións para unha compostaxe óptima
Os principais responsables da descomposición da materia orgánica son os microorganismos, que precisan unhas condicións óptimas para vivir e desenvolver o proceso de compostaxe.
Hai unha serie de condicionantes que regulan o proceso e son indicadores do seu funcionamento:
Humidade. No interior do compost debe haber unha humidade axeitada para que os microorganismos leven a cabo a transformación da materia orgánica. O ideal é que a masa de materiais fique húmida pero non empapada (non debe chorrear auga).
Aireación. Os organismos necesitan osíxeno para respirar, é importante que o aire cheque a todo o material que está dentro do composteiro para evitar condicións anaerobias e en consecuencia malos cheiros. Nunca debemos apelmazar os materiais.
Temperatura. O aumento da temperatura prodúcese pola liberación de enerxía provocada pola actividade dos microorganismos. Poden acadarse temperaturas de entre 50-60 ºC o que permite a descomposición dos materiais
Relación Carbono/Nitróxeno. A relación carbono/nitróxeno é a clave para obter un compost final rico en nutrientes. Para que sexa de boa calidade require unha proporción axeitada materiais frescos/húmidos (céspede, verduras,…) e materiais secos (follas, cartón, cinza,..)
Cando está listo o compost
O compost final ten o aspecto de terra e ten un olor agradable, “olor a bosque húmido”. Non se recoñece o que se depositou no composteiro, excepto piñas, ramas e ósos de froito que se separarán cunha criba.
O proceso da compostaxe complétase en varios meses, (entre 6-7) e no proceso inflúe a cantidade de residuos que botamos, a humidade ou a temperatura ambiente xa que por exemplo no verán o proceso será mais rápido que no inverno pola calor.
A temperatura será a do ambiente a causa da falta da actividade dos organismos.
Pode ser interesante o emprego dunha criba se queremos obter un compost de material fino. Os materiais grosos volven de novo o compost xa que actuarán como acelerantes do proceso ou como materiais estruturantes
Podes gardar o compost todo o tempo que queiras almacenado nun Iugar seco.
Aplicacións e beneficios do compost
O compost ten diferentes aplicacións segundo o seu grao de madurez e do tipo de cultivo ao que se destina. As épocas máis axeitadas para aplicalo serán a primavera e o outono, xa que o solo está máis quente e a achega de compost favorece a actividade dos microorganismos e o desenvolvemento das plantas
Sobre a estrutura do solo: o compost facilita a formación de conglomerados, permitindo así manter unha correcta aireación e humidade do mesmo.
Sobre a saúde do solo: dada a súa condición de produto natural, sen compostos químicos e libre de patóxenos, actúa en moitos casos como bactericida e funxicida.
Sobre as plantas: ao ser un produto rico en nutrientes e macronutrientes, convértese nun excelente abono, contribuíndo a que as plantas teñan unha maior resistencia ás pragas e enfermidades.